Unha queima sen medidas de seguridade, orixe do incendio forestal en Leiro

O lume afectou 0,14 hectáreas. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 14 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 07/04/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Unha queima sen medidas de seguridade adecuadas está detrás do incendio ocorrido o martes 5 de abril en Leiro (Ourense) e que afectou 0,14 hectáreas. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 14 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO.

Os axentes do Grupo de Investigación de Incendios da sede de Ourense, xunto con axentes do Distrito XI Ribeiro-Arenteiro, resolveron a autoría dun incendio rexistrado o día 5 no lugar de Barro-Gomariz.

No transcurso das investigacións, a Policía Autonómica tomou declaración a un home que realizaba unha queima sen as debidas medidas de seguridade.

Na extinción deste lume, interviñeron un axente, tres brigadas, dúas motobombas e unha avioneta. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta