(Vídeo) Así son as primeiras vacacións de Semana Santa sen restricións

Moitos aproveitan estas datas para descubrir novos lugares, reunirse coas súas familias e amigos e, sobre todo, descansar.

Por Paula Daza | Santiago de Compostela | 11/04/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

rapaza esperando o autobús cunha maleta en Santiago de Compostela
rapaza esperando o autobús cunha maleta en Santiago de Compostela | Fonte: Paula Daza

Comenzan as vacacións de Semana Santa. Despois de dous anos marcados pola pandemia de coronavirus, este é o primeiro no que se poderá viaxar sen máis restricións que o uso de máscara en interiores.

Por iso, moitos son os que decidiron aproveitar estes días para viaxar ou descubrir novos lugares. Outros optan por gozar da propia cidade de Santiago ou visitar outras zonas de Galicia.

Para os estudantes é un momento perfecto para volver a casa, descansar e gozar da súa familia e amigos. Pero como os exames universitarios comezan en maio, tamén hai que facer tempo para estudar.

En Santiago de Compostela a chegada de peregrinos e visitantes será chave para os hostaleiros se a climatoloxía e a situación económica o permiten. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A partir do 27 de abril teremos que dar tódolos datos privados á Delegación do Goberno ! Non temos dereito a ter os teléfonos privados dos políticos ? Son un verdadeiro perigo público que deberamos poder controlar ! Chega o BigData do Goberno Todopoderoso https://www.vigoe.es/vigo/local/los...