Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 14:43
A Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia incoou un expediente sancionador ao Concello de Vigo polas obras levadas a cabo no edificio da antiga depuradora de Coruxo, reconvertida nun parque de bombeiros. Este organismo autonómico explicou que ditas obras levaron a cabo sen autorización a pesar de atoparse nunha zona de servidume de protección de dominio público marítimo terrestre.
Neste sentido, as organizacións sindicais CIG, CUT e Comisións Obreiras, con representación no Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Vigo, denunciaron que o goberno local acometeu obras "ilegais" no parque de bombeiros de Coruxo. Nun comunicado, devanditos sindicatos lamentaron estes "gravísimos feitos" realizados con diñeiro público dos contribuíntes no edificio da antiga depuradora de Coruxo para reconvertelo nun "improvisado" parque de bombeiros.
"Acábannos de dar a razón aos tres sindicatos cando denunciamos oficialmente que a reconversión da antiga depuradora nun parque de bombeiros era unha actuación radicalmente ilícita. E fixemos esa denuncia porque é vergoñento, indecente e intolerable que co diñeiro dos cidadáns se financien obras ilegais en edificios públicos", lamentaron.
Por todo iso, os servizos xurídicos do tres sindicatos están a valorar a posibilidade de iniciar accións penais contra os responsables destas ilegalidades e criticaron os "reprobables comentarios" do alcalde, Abel Caballero. Este mércores, o propio rexedor non quixo falar deste expediente sancionador na súa rolda de prensa diaria. Así, preguntado polo tema, evitou contestar á pregunta que lle realizaron os xornalistas, dicindo que serán os servizos xurídicos do Concello os que contestarán unha vez analicen a situación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.