Galicia ten a menor cobertura de servizos asistenciais para maiores e en residencias

Así figura no 'Ranking de Territorios pola Economía Senior 2021', que presentou este mércores a Fundación Mapfre, unha investigación que recolle máis de 400 datos de diferentes fontes oficiais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2022 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Galicia está á cola das comunidades coa pensión media de xubilación máis baixa (1.004 euros), con menor taxa media de cobertura de servizos asistenciais para maiores (2,5%) e con menor número de persoas atendidas por servizos de teleasistencia (3,6%). Ademais, ocupa o posto 16 entre comunidades en centros residenciais por cada 10.000 habitantes de 65 ou máis anos.

Así figura no 'Ranking de Territorios pola Economía Senior 2021', que presentou este mércores a Fundación Mapfre, unha investigación que recolle máis de 400 datos de diferentes fontes oficiais e que pon de manifesto que non todas as comunidades ofrecen as mesmas condicións e oportunidades ás persoas maiores de 55 anos en termos de emprego, acceso a servizos sociais e sanitarios e esperanza de vida, entre outros.

A esperanza de vida en Galicia é de 83,3 anos, a terceira maior en España, só por detrás de Navarra (83,5 anos) e Baleares (83,4 anos).

Así mesmo, Galicia é a terceira comunidade con maior presencia de maiores de 55 anos (40%), por detrás de Asturias (42,5%) e Castela e León (41,2%).

Con respecto á media de anos que se espera que viva unha persoa a partir dos 65 anos, Galicia é o territorio que presenta maior esperanza de vida a esa idade, con 21,55 anos máis (ata superase os 86 anos), seguida das Illas Baleares (21,19) e País Vasco (21,15).

Entre outros aspectos positivos, Galicia destaca entre as primeiras posicións con maior porcentaxe de alcaldes de máis 55 anos entre as primeiras cinco cidades desta comunidade, cun total de 3 (60%); e sitúase, ademais, entre os territorios con maior número de centros de maiores (0,36) e vivendas para aloxamento de maiores (2,2) por cada 10.000 habitantes de 65 anos ou máis.

Residencia de maiores
Residencia de maiores | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta