Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 14:13
A Consellería de Sanidade notificou este sábado outros catro falecementos por Covid, co que se alcanzan as 3.320 mortes desde o inicio da pandemia en Galicia. En detalle, un dos óbitos rexistrouse o 15 de abril, unha muller de 85 anos na área sanitaria de Lugo; outros dous o 21 de abril, unha muller de 89 anos en Ourense e un home de 80 anos en Vigo; e outro falecemento máis o 22 de abril, un home de 87 anos na área de Ferrol. O departamento autonómico especificou que todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.