Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/04/2022 | Actualizada ás 11:56
O Defensor do Paciente reclamou á Xunta medios para atender as patoloxías de saúde mental, por mor da queixa presentada por unha paciente da área sanitaria da Coruña.
Nun comunicado, aseguran que "un médico de cabeceira non pode facer especialidades, pediatría porque non hai pediatras, saúde mental porque non hai nin psicólogos nin psiquiatras", di, apuntando á necesidade de profesionais suficientes neste último caso.
Faino tras recibir a queixa dunha paciente do centro do Ventorillo, que explica que desde hai 30 anos "sofre depresión e ansiedade" e que lle deixou secuelas físicas como "fibromialxia e psicolóxicas crónicas".
"En todos estes anos tiven que acudir a psicólogo e psiquiatra privados pois na Seguridade Social dixéronme que só había un psiquiatra no centro médico", apunta. Denuncia tamén "cambios de psicólogo ou psiquiatra" a nivel público "coma se non pasase nada" e reclama "médicos suficientes" na área de saúde mental.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.