Formoso describe a xestión de Feijóo na Xunta como un "legado de renuncias"

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou tamén que Feijóo "non fixo absolutamente nada" a favor das "cuestións estratéxicas de país" e dos sectores produtivos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/04/2022 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, lamentou na Coruña as "renuncias ás que se viu sometida Galicia nos últimos 14 anos" derivadas, ao seu xuízo, do "deixamento" de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta.

Así, apuntou que cando este chegou á presidencia autonómica "tiñamos menos parados, moitísima menos débeda, había máis xente en Galicia, incluíndo máis xente nova, e investigábase máis do que hoxe se investiga".

Criticou tamén que Feijóo "non fixo absolutamente nada" a favor das "cuestións estratéxicas de país" e dos sectores produtivos que "serven de tractores para manter millóns de persoas contratadas e con oportunidades laborais activas".

O secretario xeral do PSdeG fixo estas declaracións tras un encontro cos representantes dos médicos de urxencias e emerxencias, na Coruña.

Tras ela, Formoso instou o Goberno galego a garantir unha "maior implicación e unha aposta valente pola reformulación do sistema sanitario galego de acordo cos colectivos que o protagonizan".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reúnese con médicos de urxencias. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reúnese con médicos de urxencias. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta