O bispo de Mondoñedo-Ferrol carga contra a precariedade laboral e pide pasar do sistema capitalista a un "humanista"

Pide velar pola "dignidade do emprego", co gallo do Día Internacional dos Traballo, que se conmemora este domingo 1 de maio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/04/2022 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, pediu velar pola "dignidade do traballo" pondo o centro nas persoas, co gallo do Día Internacional do Traballo, que se conmemora o vindeiro domingo 1 de maio.

O bispo de Mondoñedo-Ferrol
O bispo de Mondoñedo-Ferrol | Fonte: DIOCESE DE MONDOÑEDO-FERROL.

Nun escrito, García Cadiñanos reivindicou que "nin todo vale, nin todo conta, nin todo suma", asegurando que non todos os empregos poden ser considerados "dignos" nin "decentes" para as persoas, lamentado a "precarización" que sofren os postos de traballo debido á crise actual.

"É preciso volver descubrir e profundar na verdade da propia economía, que non é outra que o servizo á persoa e á súa dignidade. Por iso, os sistemas de produción e o sistema económico que o sostén deben velar pola dignidade do traballo", engadiu.

Neste sentido, segundo o bispo, urxe cambiar "o paradigma económico que o impregna todo" (o capitalismo neoliberal) para substituílo por un novo modelo "humanista e humanizador". Para el, trátase dun "gran reto" que hai que afrontar socialmente.

Por iso, a política debe promover un traballo para todos que xere un ambiente social construtivo. "Este é o obxectivo da política boa, da mellor política, que sabe construír o ben común sobre o cimento da persoa", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ateo recalcitrante

Sí home, sí. Mentras tí inmatriculas ata o cortello do porco. Xa, xa.