Convocan o V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

O prazo de presentación finaliza o 30 de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2022 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de traballos ao V Premio CGAC de investigación e ensaio, convocado polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) á produción de pensamento ao redor das expresións artísticas actuais.

O Diario Oficial de Galicia, recolle o Goberno autonómico nun comunicado, publica as bases da convocatoria, que establece un premio único de 3.000 euros. Poden participar maiores de idade que presenten textos inéditos escritos en galego en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

As propostas, de tema libre e carácter divulgativo, deberán ter unha extensión de entre 150.000 e 450.000 caracteres. Debe entregarse de forma anónima a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, unicamente co título ou lema na portada. O prazo de presentación finaliza o 30 de setembro.

O xurado estará composto pola dirección do CGAC e tres personalidades "de recoñecido prestixio do medio artístico-literario" e terá en conta a orixinalidade do enfoque e elementos de innovación e creación, a singularidade da perspectiva histórica ou metodolóxica, e a calidade literaria do texto.

A resolución do premio, que podería quedar deserto, darase a coñecer nun prazo de dous meses a partir do día seguinte ao peche da presentación de solicitudes.

Exposición de arte contemporánea no museo CGAC
Exposición de arte contemporánea no museo CGAC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Han Onimo

Les recomiendo,en lo referente a arte contemporaneo,a Gabino https://es.artprice.com/plaza-de-me... Sus obras se han vendido por miles de euros,a veces mas de 10000 Y ha sido conocido en EuropaPress