A Xunta reforza as notificacións tras perder 300.000 por non responder un aviso xudicial

A directora xeral da Amtega asegura que o correo foi desatendido por unha "concorrencia dunha serie de circunstancias" que fixeron que "non fose coñecido" pola persoa que levaba o caso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A directora xeral da Amtega, Mar Pereira, explicou que a Xunta estableceu unha tripla comprobación de notificacións xudiciais aos letrados da Asesoría Xurídica, tras perder 300.000 euros por non cursar unha cuestión deste ámbito referida aos intereses do sobrecusto da Cidade da Cultura.

Estas medidas foron comunicadas na Comisión Institucional a raíz do caso desvelado en outubro por Praza.gal, que explicou en varias informacións que un correo que quedou en spam foi desatendido e provocou que a Xunta teña que abonar case 300.000 euros máis de intereses a unha construtora.

Na súa exposición, na que defendeu que "non houbo ocultación" da información e que foi remitida, aínda que con algún "lixeiro atraso", a través das canles de transparencia. "Nin existiu ocultación nin se negou información, un mero atraso na resposta", xustificou.

O deputado socialista Pablo Arangüena considerou "absolutamente incomprensible" que se "cometese un erro desta magnitude", que supuxo para as arcas públicas unha perda de máis de 290.000 euros. Así mesmo, criticou que se limite a dicir que se deron "un conxunto de circunstancias" e que non haxa unha investigación por parte da Xunta por uns feitos que nunha empresa privada levaría unha asunción de consecuencias.

A directora xeral da Amtega asegurou que a notificación xudicial "non se tratou como spam, senón que se recibiu", pero "a letrada non tivo coñecemento" por unha "concorrencia dunha serie de circunstancias" que fixeron que "non fose coñecida" pola persoa que levaba o caso.

Dito isto, afirmou que a Xunta "tomou medidas" de maneira que se mellorou a xestión das notificacións, cunha notificación no mesmo día das cuestións que terminan ese día, un calendario actualizado de vencemento de actuacións xurídicas e avisos directos ao letrado xefe de gabinete ou substituto en funcións no caso de que se atope ausente. Todo iso, para "evitar que se repitan nas futuro" situacións como a que se denunciou, remachou.

Mar Pereira, directora xeral da Amtega, na comisión parlamentaria
Mar Pereira, directora xeral da Amtega, na comisión parlamentaria | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta