A Xunta dá 100.000€ a unha fundación privada para proxectos con emigrantes retornadaos

Prevén apoiar os proxectos de emprendemento de 100 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Emigración renovou o acordo de colaboración coa Fundación Ronsel para a posta en marcha do programa Merlo 2022, destinado a axudar a emigrantes retornados nos seus proxectos de emprendemento. A firma tivo lugar na Delegación da Xunta na Coruña e, tras a mesma, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, precisou que este acordo xa se desenvolveu o exercicio anterior, o que permitiu prestar acompañamento no desenvolvemento dos seus proxectos a un centenar de persoas.

"A idea é que este ano se continúe con esta tarefa, con outro centenar de persoas que xa teñen o seu proxecto empresarial", expuxo. Ademais, apuntou que se trata de persoas cunha idade de ao redor de 41 anos. "O 80% das persoas emprenden en ámbitos onde teñen experiencia profesional e o 70% teñen formación académica de diferentes niveis relacionados co sector que emprenden", explicou sobre os proxectos que se pon en marcha.

Sobre o traballo que se desenvolve con eles, a través dun convenio cunha dotación económica de 100.000 euros, indicou que se analiza con eles o proxecto e o seu desenvolvemento, "corrixindo cousas para dar garantías maiores de éxito". En canto aos países de retorno, citou que son, principalmente, Venezuela e Arxentina, ademais de Suíza, Reino Unido e Alemaña.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, nunha reunión por videoconferencia. XUNTA
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, nunha reunión por videoconferencia. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta