Crónica.- O cese de Losada

Xa o temos falado deste caso en multitude de ocasións, e tal e como apuntamos, o mes de setembro ía ser decisivo no futuro do xa ex secretario xeral e de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/09/2007 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia
Non é a primeira vez que había rumores sobre o cese de Losada, aconteceu o pasado marzo, tras o incidente dos carteis, e volveu a pasar o mesmo antes do vran. Pero a rumoroloxía colleu especial forza ao longo dos últimos días e chegou a numerosas redaccións de medios de comunicación.

A decisión xa estaba tomada dende hai tempo, mesmo antes de sair a sentenza absolutoria contra el. Logo do acontecido en marzo, a relación de Quintana e Losada comezou a floxear espoleada por altos cargos da dirección nacionalista que, dende entón, case que obrigaron ao vicepresidente a impedir as aparicións públicas e as roldas de prensa do seu segundo na Xunta, un feito que incomodou moito ao ex secretario xeral.

Durante as pasada eleccións municipais, Quintana, que volveu manter contacto directo cos xornalistas durante a campaña electoral, foi advertido sobre certos comportamentos do seu departamento e quixo saber, de primeira man, a opinión que redactores e directores tiñan sobre a situación comunicativa da Vicepresidencia. As reflexións que escoitou non lle gustaron e dixo tomar nota.

A pesar do distanciamento, Losada e Quintana seguiron despachando e mantendo certa relación persoal e, de mutuo consenso, chegaron ao acordo de buscarlle unha saída ao primeiro. Falouse de fundacións e mesmo do Senado, pero a decisión final segue sendo unha incognita. Polo momento, o ex secretario xeral podería voltar á docencia na USC.

A pesar de que a decisión xa estaba tomada, Quintana pediu consello aos seus máis achegados, un círculo moi reducido de "quintanistas" cos que mantén un estreito contacto. Tamén reuniu aos dirixentes máis relevantes da Executiva para comentar este caso e, a última hora de onte, comunicou persoalmente, e por telefono, esta decisión ao resto dos membros da Executiva.

A partir de agora, as competencias de Losada serán divididas. A parcela institucional será asumida por Xavier Ferreira Fernández, profesor de Dereito Administrativo na USC. A comunicativa será xestionada probablemente por Manuel Barreiro, quen colabora con varios medios de comunicación (é contertulio da Radio Galega e escribe na revista Tempos Novos) e traballa en Acordar (o grupo editor de Vieiros). Por certo, Barreiro tamén ten un blog, chamado De Paso.

Ámbolos dous son estreitos colaboradores de Quintana dende hai tempo. Ferreira asumirá a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais e Barreiro exercerá como Xefe de Gabinete. Do resto do staff de Vicepresidencia, especialmente na Secretaría e en Comunicación, non se agardan grandes cambios.

A decisión de Quintana foi aplaudida por amplos sectores nacionalistas que, dende hai tempo, recelaban da grande influencia de Losada na Xunta. Mesmo o entorno da UPG referiase a el como o "infiltrado do PSOE". A pesar disto, o certo é que o ex secretario xeral cumpliu o seu papel na Vicepresidencia, principalmente, como ariete contra os socios socialistas. Pero o seu carácter, algunhas das súas actuacións e as súas malas relacións con altos dirixentes do BNG, mesmo con conselleiros nacionalistas, provocaron o enfriamento das relacións con Quintana e, finalmente, o seu cese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

42 Ricardo Fontenla

Andades todos polas ramas. Losada e Fernando Salgado, polo BNG e polo PSdG, respectivamente, deseñaron e executaron á vella usanza -fraguista- un plan para controlar, manu militari, os medios públicos. Repartíronse o pastel na TVg e na Rg, seleccionando cada quen aos seus máis adictos -Losada aos modernos de La Naval, con Suso Iglesias e Pereiro, entre outros, e Salgado cos da súa empresa audiovisual, encabezados por Pastor Lorenzo e por servidores coma Roberto Cid-.Con eses mimbios, que conlevan que o director da TVG non ten autoridade sobre os de informativos, ao revés do que sucede na Radio, que esperabades que podería acabar sucedendo...Losada caeu na trampa que el -co beneplácito de Quintana, igual ca Salgado co beneplácito de Touriño- montou, incumplindo os compromisos que para a democratización dos medios públicos e a sía desgubernamentalización quedaran escriturados no programa de goberno do bipartito.
Losada tamén montou outra estratexia para ter cazados aos medios privados: untalos de diñeiro a través de campañas publicitarias que en maneira algunha estaban xustificadas. Para desa maneira contrarestar a entrega masiva de cartos públicos que chegan aos medios privados a través da secretaría xeral de Comunicación (Salgado, en Presidencia).
Copiaron ao pé da letra o modelo de Fraga-Pérez Varela durante os anos en que mandaron en Galicia.
Todo ese zafarrancho de cabreos/contracabreos/conversas espiadas e gravadas/ameazas, etc, etc, que existiron e son absolutamente rexeitables, ten as súas raíces niso que veño de subliñar.
Losada caeu porque é un bocazas, e sáese do guión en menos que o pica unha pulga, pero Salgado debera saltar con el, malia que se manteña oculto. E a sociedade, nós, deberiamos poñer a Touriño e a Quintana, os responsables máximos dese desaguisado, contra a parede. Porque a manipulación e degradación dos medios públicos e a compravenda dos privados só para que os traten ben, afecta mortalmente á democracia.
Todo o demais, son charletas de café. Ou borralla de tertulianos. Que leven o debeta de fondo a HAI DEBATE, a ver se se atreven.

41 Galicia sigue igual

Volverán as escuras 'gaviotas' en San Caetano os depachos ocupar, e outra vez a dereita na Galiza, dentro de dous anos, se (re)instalará. Moito me temo que neste país levamos impresa no código xenético esa sentenza tan galega que di que "no país dos lobos hai que ouvear coma todos" e, sexa como sexa, sempre leva a mellor presa o que máis alto ouvea. Losada é o que é e sempre o foi. Eu polo menos non levei ningunha sorpresa... e non entendo o balbordo. Pero, seica os demais non fan igual? Acaso na 'ala oeste' do Goberno Galego non pasa o mesmo? Han volver. Verédelo.

40 xeito

Vamos a por as cousas un pouco claras. Losada chamaba moito aos medios, é certo, pero non vin que "El País" denunciara estas interferencias cando Losada estaba vivito y coleando. Facelo cando xa está cesado, dí moito das servidumes que ten que pagar o xornal madrileño.
Por outra banda, para que imos a enganarnos. Chamar, chaman todos. Interfiren os do PSOE e tamén os do Bloque, os da Presidencia e os da Vicepresidencia... e Losada, aínda que bastante desagradable no trato, nin sequera era o peor.
A ver cando se empeza a tirar da manta de verdade a prol da prensa libre, a ver cando "El País" revela conversas das instrucción que lle chegan do PSOE e do entorno de Touriño. Todo o demáis é hipocresia

39 rumble in the jungle

Si Brian si, tes razón, por iso o Quin o cesou. Ou es dos que cre que foi unha dimisión?
E iso de que Fraga e PV chamaban para untar ou pechar, pregúntalle aos xornalistas se a chamada á TVG é a única que fixo en dous anos o Losada e ao único medio que chamaba. Anda, non defendas o indefendible.

38 Juan Español

O Losada tamén é responsable das aberracións que hoxe podemos ler na prensa (La Voz de Galicia):

CIDADE DA CULTURA
El bipartito amplió la gestora del Gaiás contratando fijos a cinco altos directivos.
Los nuevos cargos, captados por una vía que Contas censura, cobrarán este año 278.510 euros.

Suponen un tercio de la plantilla y reciben la mitad del sueldo global
De obra «enriquecedora» a fracaso «a rendibilizar».