Crónica.- O cese de Losada

Xa o temos falado deste caso en multitude de ocasións, e tal e como apuntamos, o mes de setembro ía ser decisivo no futuro do xa ex secretario xeral e de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/09/2007 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia
Non é a primeira vez que había rumores sobre o cese de Losada, aconteceu o pasado marzo, tras o incidente dos carteis, e volveu a pasar o mesmo antes do vran. Pero a rumoroloxía colleu especial forza ao longo dos últimos días e chegou a numerosas redaccións de medios de comunicación.

A decisión xa estaba tomada dende hai tempo, mesmo antes de sair a sentenza absolutoria contra el. Logo do acontecido en marzo, a relación de Quintana e Losada comezou a floxear espoleada por altos cargos da dirección nacionalista que, dende entón, case que obrigaron ao vicepresidente a impedir as aparicións públicas e as roldas de prensa do seu segundo na Xunta, un feito que incomodou moito ao ex secretario xeral.

Durante as pasada eleccións municipais, Quintana, que volveu manter contacto directo cos xornalistas durante a campaña electoral, foi advertido sobre certos comportamentos do seu departamento e quixo saber, de primeira man, a opinión que redactores e directores tiñan sobre a situación comunicativa da Vicepresidencia. As reflexións que escoitou non lle gustaron e dixo tomar nota.

A pesar do distanciamento, Losada e Quintana seguiron despachando e mantendo certa relación persoal e, de mutuo consenso, chegaron ao acordo de buscarlle unha saída ao primeiro. Falouse de fundacións e mesmo do Senado, pero a decisión final segue sendo unha incognita. Polo momento, o ex secretario xeral podería voltar á docencia na USC.

A pesar de que a decisión xa estaba tomada, Quintana pediu consello aos seus máis achegados, un círculo moi reducido de "quintanistas" cos que mantén un estreito contacto. Tamén reuniu aos dirixentes máis relevantes da Executiva para comentar este caso e, a última hora de onte, comunicou persoalmente, e por telefono, esta decisión ao resto dos membros da Executiva.

A partir de agora, as competencias de Losada serán divididas. A parcela institucional será asumida por Xavier Ferreira Fernández, profesor de Dereito Administrativo na USC. A comunicativa será xestionada probablemente por Manuel Barreiro, quen colabora con varios medios de comunicación (é contertulio da Radio Galega e escribe na revista Tempos Novos) e traballa en Acordar (o grupo editor de Vieiros). Por certo, Barreiro tamén ten un blog, chamado De Paso.

Ámbolos dous son estreitos colaboradores de Quintana dende hai tempo. Ferreira asumirá a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais e Barreiro exercerá como Xefe de Gabinete. Do resto do staff de Vicepresidencia, especialmente na Secretaría e en Comunicación, non se agardan grandes cambios.

A decisión de Quintana foi aplaudida por amplos sectores nacionalistas que, dende hai tempo, recelaban da grande influencia de Losada na Xunta. Mesmo o entorno da UPG referiase a el como o "infiltrado do PSOE". A pesar disto, o certo é que o ex secretario xeral cumpliu o seu papel na Vicepresidencia, principalmente, como ariete contra os socios socialistas. Pero o seu carácter, algunhas das súas actuacións e as súas malas relacións con altos dirixentes do BNG, mesmo con conselleiros nacionalistas, provocaron o enfriamento das relacións con Quintana e, finalmente, o seu cese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

37 brian

Claro que si: a campaña contra Losada ten máis que ver co tomate que ca política. Como politicamente non podían con el, houbo que falar da "criada", do cartel e do que fixera falta. "El País", un medio totalmente INDEPENDIENTE.
O vicepresidente ten dereito a convocar aos medios que lle pete. A cuestión é moi outra: por que se oculta a figura do vicepresidente nos telexornais?. Se a ocultan, Losada tiña razón: apagón total.

36 Pedro

Brian, és un artista. O Losada parece o representante ou o avogado da Pantoja: "¡¡Que te digo que a mi representada no me la saques en el Tomate, que tiene derecho a su intimidad...!!"

35 brian

Imos ver:
Cando Fraga chamaba a un medio de comunicación era para pechalo. Pérez varela para untalo. Resistirse a unha liña editorial non é delicto. Creo eu.
A xestión de Cuiña no referente ás cousas que foron aos tribunais e das que saiu absolto non so foron limpas senón que pasaron a proba do algodón. Se cadra os acusadores eran malos avogados ou se precipitaron denantes de ter probas. No de Losada o xuiz di CLARAMENTE na sentenza que eran asuntos internos entre departamentos da Xunta e que non competían á policía. Tamén di que non hai delicto nen falta nas verbas de Losada. Tes ti algunha nova proba ou circunstancia que se pasara por alto no xuizo? ou se cadra, és ti mellor xuiz que o que tocou no turno?. Vai ser que a xustiza é unha merda se non se condea a quen queres ver condeado. Iso non é xustiza, iso é outra cousa.

34 rumble in the jungle

Brian, respóndeme a dúas preguntas:
1. Que dirías se fora Pérez Varela ou Fraga?
2. Tamén a Cuíña o xulgaron no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e saliu sempre absolto. Cres que a súa xestión foi limpa?

33 Xandokas

Unha moción de censura triunfante (presidente de govesrno, alcalde, etc.), é un cesamento.