Crónica.- O cese de Losada

Xa o temos falado deste caso en multitude de ocasións, e tal e como apuntamos, o mes de setembro ía ser decisivo no futuro do xa ex secretario xeral e de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/09/2007 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia
Non é a primeira vez que había rumores sobre o cese de Losada, aconteceu o pasado marzo, tras o incidente dos carteis, e volveu a pasar o mesmo antes do vran. Pero a rumoroloxía colleu especial forza ao longo dos últimos días e chegou a numerosas redaccións de medios de comunicación.

A decisión xa estaba tomada dende hai tempo, mesmo antes de sair a sentenza absolutoria contra el. Logo do acontecido en marzo, a relación de Quintana e Losada comezou a floxear espoleada por altos cargos da dirección nacionalista que, dende entón, case que obrigaron ao vicepresidente a impedir as aparicións públicas e as roldas de prensa do seu segundo na Xunta, un feito que incomodou moito ao ex secretario xeral.

Durante as pasada eleccións municipais, Quintana, que volveu manter contacto directo cos xornalistas durante a campaña electoral, foi advertido sobre certos comportamentos do seu departamento e quixo saber, de primeira man, a opinión que redactores e directores tiñan sobre a situación comunicativa da Vicepresidencia. As reflexións que escoitou non lle gustaron e dixo tomar nota.

A pesar do distanciamento, Losada e Quintana seguiron despachando e mantendo certa relación persoal e, de mutuo consenso, chegaron ao acordo de buscarlle unha saída ao primeiro. Falouse de fundacións e mesmo do Senado, pero a decisión final segue sendo unha incognita. Polo momento, o ex secretario xeral podería voltar á docencia na USC.

A pesar de que a decisión xa estaba tomada, Quintana pediu consello aos seus máis achegados, un círculo moi reducido de "quintanistas" cos que mantén un estreito contacto. Tamén reuniu aos dirixentes máis relevantes da Executiva para comentar este caso e, a última hora de onte, comunicou persoalmente, e por telefono, esta decisión ao resto dos membros da Executiva.

A partir de agora, as competencias de Losada serán divididas. A parcela institucional será asumida por Xavier Ferreira Fernández, profesor de Dereito Administrativo na USC. A comunicativa será xestionada probablemente por Manuel Barreiro, quen colabora con varios medios de comunicación (é contertulio da Radio Galega e escribe na revista Tempos Novos) e traballa en Acordar (o grupo editor de Vieiros). Por certo, Barreiro tamén ten un blog, chamado De Paso.

Ámbolos dous son estreitos colaboradores de Quintana dende hai tempo. Ferreira asumirá a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais e Barreiro exercerá como Xefe de Gabinete. Do resto do staff de Vicepresidencia, especialmente na Secretaría e en Comunicación, non se agardan grandes cambios.

A decisión de Quintana foi aplaudida por amplos sectores nacionalistas que, dende hai tempo, recelaban da grande influencia de Losada na Xunta. Mesmo o entorno da UPG referiase a el como o "infiltrado do PSOE". A pesar disto, o certo é que o ex secretario xeral cumpliu o seu papel na Vicepresidencia, principalmente, como ariete contra os socios socialistas. Pero o seu carácter, algunhas das súas actuacións e as súas malas relacións con altos dirixentes do BNG, mesmo con conselleiros nacionalistas, provocaron o enfriamento das relacións con Quintana e, finalmente, o seu cese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

32 anxo

O xuiz dixo que aplicara a sua autoridade vehementemente ¿ata que punto pode ser vehemente?¿ata matar? O xuiz debe de ser tamen unha persoa vehemente e por iso e comprensivo cos maltratadores

31 brian

Considero que a resistencia foi tan pacífica que mesmo un xuiz o absolveu. Amanaza a periodistas?. Simplemente reafirmou que non querían sair na tele en ningún caso. Aí está o grandioso do asunto. Pasar dos telexornais do PSOE. Unha xogada mestra que fixo moito dano á dirección da tvg. Ata o de agora ninguén poido con Losada.

30 rumble in the jungle

Brian, es un fenómeno. Só me gustaría saber que pensarías se en troques de ser Losada, o que amenazase aos xornalistas da televisión fora Pérez Varela. Seguro que entón non falarías de resistencia pacífica. Ademais, como proba de resistencia pacífica de Mahatma Losada temos o caso dos carteis. Cres que a policía á que lle dixo o de "mete o cartel na cona" tamén o considera resistencia pacífica?. Que pouco rigor e pouca seriedade, ou, dito doutro xeito, que sectarismo, carallo.

29 Xerman

Estamos na transición política,ainda.Penso que eso todos o temos claro.Nun dos puntos en que mais se está a notar é nas organizacións políticas .Temos dous portidos na Galiza que son unha especie de movementos revivacionistas que se dan en circunstancias moi duras dun país.Estas foron cando a morte do ditador-golpista Franco. A derieta fixo un movemento de centripetrado por puro interés,e a espera de mellores circunstacias,para que,de forma violenta ou seudodemocrática poidera gobernar.Ahí temos un PP ateigado de lepenistas que non deixan arrincar os poucos que hay de dereita civilizada,como a alemana ou a francesa ou inglesa ,dentro das suas peculiaridades,(por suposto).Terá que romperse,e vaino facer maís axiña que tarde.
O bloque está nas mesmas.Unha xuntanza de gallegistas,autonomistas,federalistas,confederalistas,independentistas,monárquicos,republicanos,de centrodereita,socildemócrasa,pura esquerda marxiana,comunistas,estalinistas non sigo.Todos polo país.Esta trangallaga ten que romper,por ben de todos, polo menos en dous cachos, e outros que se vaian o PSOE e o PP.Alguns quedarán formando un partidiño marxinal(en canto a número,pero moi necesario).Aparecerá un símil PNV e outro símil ERC.
A partires de ahi poderá darse unha dialéctica de ideas con solucións de diversas formas para os nosos problemas galegos.E ahi o cidadán da nación galega terá unha oferta moi limpa e ,o principal,eficaz onde escoller.Mentras ,estamos con duas forzas de salvación nacional que están fora do espacio e do tempo na Galiza de hoxe.XERMÁN

28 Un mestre

Pardo de Cela, cito a Castelao por culpa de Losada. Ese personaje se arropa en un victimismo muy antiguo en Galicia, que pasa por Rosalía y llega hasta el mismo Castelao. En muchas páginas de Sempre en Galiza puedes comprobarlo, si antes lo lees, claro... Un saludo. Ah, aplica bien tu lógica: si leo El País, entonces no soy del PP. Pues eso.