Crónica.- O cese de Losada

Xa o temos falado deste caso en multitude de ocasións, e tal e como apuntamos, o mes de setembro ía ser decisivo no futuro do xa ex secretario xeral e de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/09/2007 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia
Non é a primeira vez que había rumores sobre o cese de Losada, aconteceu o pasado marzo, tras o incidente dos carteis, e volveu a pasar o mesmo antes do vran. Pero a rumoroloxía colleu especial forza ao longo dos últimos días e chegou a numerosas redaccións de medios de comunicación.

A decisión xa estaba tomada dende hai tempo, mesmo antes de sair a sentenza absolutoria contra el. Logo do acontecido en marzo, a relación de Quintana e Losada comezou a floxear espoleada por altos cargos da dirección nacionalista que, dende entón, case que obrigaron ao vicepresidente a impedir as aparicións públicas e as roldas de prensa do seu segundo na Xunta, un feito que incomodou moito ao ex secretario xeral.

Durante as pasada eleccións municipais, Quintana, que volveu manter contacto directo cos xornalistas durante a campaña electoral, foi advertido sobre certos comportamentos do seu departamento e quixo saber, de primeira man, a opinión que redactores e directores tiñan sobre a situación comunicativa da Vicepresidencia. As reflexións que escoitou non lle gustaron e dixo tomar nota.

A pesar do distanciamento, Losada e Quintana seguiron despachando e mantendo certa relación persoal e, de mutuo consenso, chegaron ao acordo de buscarlle unha saída ao primeiro. Falouse de fundacións e mesmo do Senado, pero a decisión final segue sendo unha incognita. Polo momento, o ex secretario xeral podería voltar á docencia na USC.

A pesar de que a decisión xa estaba tomada, Quintana pediu consello aos seus máis achegados, un círculo moi reducido de "quintanistas" cos que mantén un estreito contacto. Tamén reuniu aos dirixentes máis relevantes da Executiva para comentar este caso e, a última hora de onte, comunicou persoalmente, e por telefono, esta decisión ao resto dos membros da Executiva.

A partir de agora, as competencias de Losada serán divididas. A parcela institucional será asumida por Xavier Ferreira Fernández, profesor de Dereito Administrativo na USC. A comunicativa será xestionada probablemente por Manuel Barreiro, quen colabora con varios medios de comunicación (é contertulio da Radio Galega e escribe na revista Tempos Novos) e traballa en Acordar (o grupo editor de Vieiros). Por certo, Barreiro tamén ten un blog, chamado De Paso.

Ámbolos dous son estreitos colaboradores de Quintana dende hai tempo. Ferreira asumirá a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais e Barreiro exercerá como Xefe de Gabinete. Do resto do staff de Vicepresidencia, especialmente na Secretaría e en Comunicación, non se agardan grandes cambios.

A decisión de Quintana foi aplaudida por amplos sectores nacionalistas que, dende hai tempo, recelaban da grande influencia de Losada na Xunta. Mesmo o entorno da UPG referiase a el como o "infiltrado do PSOE". A pesar disto, o certo é que o ex secretario xeral cumpliu o seu papel na Vicepresidencia, principalmente, como ariete contra os socios socialistas. Pero o seu carácter, algunhas das súas actuacións e as súas malas relacións con altos dirixentes do BNG, mesmo con conselleiros nacionalistas, provocaron o enfriamento das relacións con Quintana e, finalmente, o seu cese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

22 anxo

Ras, os alcaldes dimiten soamente e poderían ser cesados, non cesan, en determinadas circunstancias que non se dan. De todolos xeitos, disculpa porque era unha tontería.

21 Quintiño

Nin o cesan, nin dimite. Foi penalti e expulsión.

Galicia, hoxe (5-9-2007)
HOXE
Última Hora
Vivir Hoxe Galicia
Vivir Hoxe Aulas
Vivir Hoxe Sociedade
Política Galicia
Política España
Política Mundo
Economía
Deportes
Maré
En rede
Comunicación
A Contra
Opinión
CANLES
Canle Vivenda
Cultura
Deputación da Coruña
Medio Ambiente
Medio Rural
Noticiario Dixital
Turismo
Vicepresidencia

O medo ó fracaso lastra os nosos emprendedores

Galicia busca ser unha locomotora no I+D+i de Europa

Á caza dos maiores investidores mundiais

Última Hora dá por "garantidos" os presupostos
Touriño considera "solucionadas" as "diferenzas puntuais" no bipartito
12.56h. Enmarca na "normalidade" a reunión con Quintana e admite que non será "nin a primeira nin a última" vez que se produzan diverxencias
E.P. LIRA (A CORUÑA)
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, enmarcou hoxe as "diferenzas puntuais" entre os socios do bipartito na dinámica que se xera "nun ou outro momento en toda gobernación" e, tras subliñar que "o importante é que se solucionan", asegurou que a aprobación dos presupostos, prevista para finais de outubro, está "garantida dende o primeiro momento".

Tras reunirse onte durante máis de dúas horas e media co seu vicepresidente, o nacionalista Anxo Quintana, para suavizar tensións entre os socios de Goberno e definir o decreto que regulará o Servizo de Transporte adaptado que aspira a implantar o departamento de Igualdade e Benestar, Touriño aproveitou as preguntas dos medios de comunicación tras inaugurar a nova lonxa de Lira (A Coruña) para "reiterar que o Goberno goberna".

Así, transmitiu "con claridade" que os galegos terán "pronto", na reunión do Consello da Xunta de mañá, a "oportunidade de comprobar as iniciativas dun Goberno que está a gobernar como lle corresponde: dende a responsabilidade". Porén, admitiu que, "como en toda gobernación", tamén o seu Gabinete pode rexistrar "nun ou outro momento" o que cualificou como "diferenzas puntuais".

Neste sentido, precisou que as diferenzas que se produciron en torno ao Decreto de Transporte de Mobilidade Adaptada para Minusválidos e Dependentes "non son a primeira" en dous anos" que leva á fronte do bipartito, "nin será a última" na que terán lugar "diferenzas puntuais entre consellerías por un ou outro tema". "O importante, coma onte, é que estas diferenzas se articulan, se solucionan e se goberna,", apostilou.

REUNIÓN DE TRABALLO

Tras a tensión que provocaron entre socialistas e nacionalistas episodios como a proposta para ensinar o himno galego nas 'galescolas', as críticas do PSdeG ás festas dos maiores ou os reproches do Bloque polo tratamento informativo da TVG, os custos para implantar o servizo de transporte adaptado promovido pola Vicepresidencia tensionaron a negociación dos presupostos galegos para 2008. Ante esta situación, os dous máximos mandatarios do Goberno galego sentaron onte a dialogar para intentar achegar posturas.

Ao respecto, Touriño recoñeceu que, "efectivamente" onte se produciu unha "reunión de traballo" con Anxo Quintana á que asistiron os titulares de Economía, José Ramón Fernández Antonio, e de Política Territorial, María José Caride, --ambos os dous socialistas--, pero precisou que esta cita convocada por el mesmo supón a continuación das promovidas en "tantas ocasións".

Neste caso, informou de que a reunión se organizou para "estudar e analizar os problemas creados en torno á tramitación dun proxecto de decreto" que, segundo el, "derivan loxicamente do seu impacto económico". Con todo, subliñou que estas diferenzas "forman parte da normalidade de calquera acción de Gobierno e, polo tanto, engadiu que a Xunta se atopa "nunha situación na que goberna e resolve as diferenzas que pode haber entre os distintos departamentos". "Non hai ningunha outra cousa", declarou.

Por iso, engadiu que os presupostos non están asegurados "despois desta reunión, senón dende o primeiro momento", posto que "hai unha vontade e un compromiso dun goberno que está a funcionar dende o primeiro minuto e o segue facendo dende a unión, a cohesión e a estabilidade".

"Xa demos mostra durante dous anos, a pesar dos augurios de case todo o mundo de que iamos ter problemas para aprobalos,", engadiu o presidente, quen "garantiu" que en outubro se presentará o terceiro proxecto de contas públicas "cargado de medidas para que este país siga avanzando na dirección positiva en que o está a facer".

20 observador

Leede EL PAIS. Sobran os comentarios.

19 C. Neira

Anónimo, eu penso que a información de El País o que realmente proba e que non respectan a intimidade das persoas ao publicar unha convesa privada (real ou non, iso é outra cousa).

18 anónimo

Losada é funcionario do Estado. Non cobrará os 15000. Sempre poderá retomar a súa carreira como compositor e dramaturgo.