Crónica.- O cese de Losada

Xa o temos falado deste caso en multitude de ocasións, e tal e como apuntamos, o mes de setembro ía ser decisivo no futuro do xa ex secretario xeral e de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/09/2007 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia
Non é a primeira vez que había rumores sobre o cese de Losada, aconteceu o pasado marzo, tras o incidente dos carteis, e volveu a pasar o mesmo antes do vran. Pero a rumoroloxía colleu especial forza ao longo dos últimos días e chegou a numerosas redaccións de medios de comunicación.

A decisión xa estaba tomada dende hai tempo, mesmo antes de sair a sentenza absolutoria contra el. Logo do acontecido en marzo, a relación de Quintana e Losada comezou a floxear espoleada por altos cargos da dirección nacionalista que, dende entón, case que obrigaron ao vicepresidente a impedir as aparicións públicas e as roldas de prensa do seu segundo na Xunta, un feito que incomodou moito ao ex secretario xeral.

Durante as pasada eleccións municipais, Quintana, que volveu manter contacto directo cos xornalistas durante a campaña electoral, foi advertido sobre certos comportamentos do seu departamento e quixo saber, de primeira man, a opinión que redactores e directores tiñan sobre a situación comunicativa da Vicepresidencia. As reflexións que escoitou non lle gustaron e dixo tomar nota.

A pesar do distanciamento, Losada e Quintana seguiron despachando e mantendo certa relación persoal e, de mutuo consenso, chegaron ao acordo de buscarlle unha saída ao primeiro. Falouse de fundacións e mesmo do Senado, pero a decisión final segue sendo unha incognita. Polo momento, o ex secretario xeral podería voltar á docencia na USC.

A pesar de que a decisión xa estaba tomada, Quintana pediu consello aos seus máis achegados, un círculo moi reducido de "quintanistas" cos que mantén un estreito contacto. Tamén reuniu aos dirixentes máis relevantes da Executiva para comentar este caso e, a última hora de onte, comunicou persoalmente, e por telefono, esta decisión ao resto dos membros da Executiva.

A partir de agora, as competencias de Losada serán divididas. A parcela institucional será asumida por Xavier Ferreira Fernández, profesor de Dereito Administrativo na USC. A comunicativa será xestionada probablemente por Manuel Barreiro, quen colabora con varios medios de comunicación (é contertulio da Radio Galega e escribe na revista Tempos Novos) e traballa en Acordar (o grupo editor de Vieiros). Por certo, Barreiro tamén ten un blog, chamado De Paso.

Ámbolos dous son estreitos colaboradores de Quintana dende hai tempo. Ferreira asumirá a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais e Barreiro exercerá como Xefe de Gabinete. Do resto do staff de Vicepresidencia, especialmente na Secretaría e en Comunicación, non se agardan grandes cambios.

A decisión de Quintana foi aplaudida por amplos sectores nacionalistas que, dende hai tempo, recelaban da grande influencia de Losada na Xunta. Mesmo o entorno da UPG referiase a el como o "infiltrado do PSOE". A pesar disto, o certo é que o ex secretario xeral cumpliu o seu papel na Vicepresidencia, principalmente, como ariete contra os socios socialistas. Pero o seu carácter, algunhas das súas actuacións e as súas malas relacións con altos dirixentes do BNG, mesmo con conselleiros nacionalistas, provocaron o enfriamento das relacións con Quintana e, finalmente, o seu cese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

17 anónimo

Hoxe en "El País" ven a proba do que moitos dos que postean aquí dicían: os métodos franquistas do amigo Losada. (Un grande despregue a dúas páxinas, están que non caben en si de gozo)

16 Ras

Anxo, los alcaldes como tu bien dices pueden dimitir (debería hacerlo el Alcalde de Punxin) pero también pueden cesar o si lo prefieres ser cesados.
Para ejemplo tenemos el artículo 197.bis de la ley Orgánica 5/85 del Régimen Electoral General que en su punto 4 dice textualmente: "En el caso de que la cuestión de confianza no obtuviera el número necesario de votos favorables para la aprobación del acuerdo, el Alcalde cesará automáticamente"
Además también puede ser destituido mediante moción de censura según la misma ley (artículo 197)
Reconozco que en mi comentario sería más correcto haber puesto "dimisión" por "cese"

Para acabar, porque no te lo tomas con más calma y dejas de identificar a la gente sin conocerla ("los del bloque teneis que leer, etc)

15 xeito

Xa que se tiña que ir, mellor marcharse co botín dos 15.000 € anuais que recibirá ata que morra, que xa llos pagamos os parvos.
Para facerse unha idea, a pensións mínimas que recibe unha viuva, un xubilado do agro, un autónomo ou un mariñeiro ronda os 500 € mensuais en 14 pagas, o que significa 7.000 € ao año.
O "pájaro" de Losada levase dúas pensións con el polos servizos prestados á Patria, aparte do soldo que percibirá por ser profesor universitario e outro chanchulliños que de seguro vai manter...
¡¡¡¡¡Vergoñento!!!!

14 anxo

Ah vale outro, logo si e dos dos 15.000 euros, perdoa. Pois tes razón, isto estase a convertir na guarida de alí babá. Sabendo o que hai non creía que se chegue a tanto por tan pouco.

13 outro

O amigo Losada e prof. titular da Facultade de Ciencias Politicas dende o ano 2002. Porque non o cesaron a finais de xullo, no ultimo consello de goberno?, ¿Por que esperar á consolidación do nivel, xustiño, xustiño aos dous anos? Estou certo de que algo tivo que ver, coñecendo ao paxaro....
Pareceríame tamen correcto o cese do amigo Lois, ¿Para cando no outro bando do bipartito?? ¿E porque non se lle preguntan nos medios dunha puñetera vez ao Touriño pola plaza que lle chanchullou á sua megayupiconselleira? Porque esta non podía consolidar, pero ven que agora xa está fixa... que ven sendo o mesmo.