Crónica.- O cese de Losada

Xa o temos falado deste caso en multitude de ocasións, e tal e como apuntamos, o mes de setembro ía ser decisivo no futuro do xa ex secretario xeral e de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/09/2007 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia
Non é a primeira vez que había rumores sobre o cese de Losada, aconteceu o pasado marzo, tras o incidente dos carteis, e volveu a pasar o mesmo antes do vran. Pero a rumoroloxía colleu especial forza ao longo dos últimos días e chegou a numerosas redaccións de medios de comunicación.

A decisión xa estaba tomada dende hai tempo, mesmo antes de sair a sentenza absolutoria contra el. Logo do acontecido en marzo, a relación de Quintana e Losada comezou a floxear espoleada por altos cargos da dirección nacionalista que, dende entón, case que obrigaron ao vicepresidente a impedir as aparicións públicas e as roldas de prensa do seu segundo na Xunta, un feito que incomodou moito ao ex secretario xeral.

Durante as pasada eleccións municipais, Quintana, que volveu manter contacto directo cos xornalistas durante a campaña electoral, foi advertido sobre certos comportamentos do seu departamento e quixo saber, de primeira man, a opinión que redactores e directores tiñan sobre a situación comunicativa da Vicepresidencia. As reflexións que escoitou non lle gustaron e dixo tomar nota.

A pesar do distanciamento, Losada e Quintana seguiron despachando e mantendo certa relación persoal e, de mutuo consenso, chegaron ao acordo de buscarlle unha saída ao primeiro. Falouse de fundacións e mesmo do Senado, pero a decisión final segue sendo unha incognita. Polo momento, o ex secretario xeral podería voltar á docencia na USC.

A pesar de que a decisión xa estaba tomada, Quintana pediu consello aos seus máis achegados, un círculo moi reducido de "quintanistas" cos que mantén un estreito contacto. Tamén reuniu aos dirixentes máis relevantes da Executiva para comentar este caso e, a última hora de onte, comunicou persoalmente, e por telefono, esta decisión ao resto dos membros da Executiva.

A partir de agora, as competencias de Losada serán divididas. A parcela institucional será asumida por Xavier Ferreira Fernández, profesor de Dereito Administrativo na USC. A comunicativa será xestionada probablemente por Manuel Barreiro, quen colabora con varios medios de comunicación (é contertulio da Radio Galega e escribe na revista Tempos Novos) e traballa en Acordar (o grupo editor de Vieiros). Por certo, Barreiro tamén ten un blog, chamado De Paso.

Ámbolos dous son estreitos colaboradores de Quintana dende hai tempo. Ferreira asumirá a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais e Barreiro exercerá como Xefe de Gabinete. Do resto do staff de Vicepresidencia, especialmente na Secretaría e en Comunicación, non se agardan grandes cambios.

A decisión de Quintana foi aplaudida por amplos sectores nacionalistas que, dende hai tempo, recelaban da grande influencia de Losada na Xunta. Mesmo o entorno da UPG referiase a el como o "infiltrado do PSOE". A pesar disto, o certo é que o ex secretario xeral cumpliu o seu papel na Vicepresidencia, principalmente, como ariete contra os socios socialistas. Pero o seu carácter, algunhas das súas actuacións e as súas malas relacións con altos dirixentes do BNG, mesmo con conselleiros nacionalistas, provocaron o enfriamento das relacións con Quintana e, finalmente, o seu cese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

12 anxo

Ras, os alcaldes non cesan, dimiten. Os do bloque tedes que leer algo (en galego ou en castelán, pero algo)

11 anxo

Pardo de Cela, secretario xeral (por iso de estar informado e saber o que son as cousas).
Paréceme ben que galicia confidencial poña "CESE" porque no bloque dicen "dimisión por asuntos persoais" e no psoe falan tamén de cese (pardo de cela, cese e porque o botan e dimisión porque se vai).
Moitos falamos dende hai tempo da necesaria dimisión de este señor, que chega tarde, pero era de libro dentro de unha mínima dignidade, e o primeiro.
¿que apostamos a que antes de un ano cesan tamén ós dentes transeuntes da A9 e á cantimplora de alcohol viaxeira (D.X. Comercio e D.X.Turismo)? Vou a gardar este post e poñelo no momento dos ceses que son inminentes por o mesmo, unha mínima dignidade.
Unha vez se empecen así, o bloque empezará a ter algo de credibilidade e ata creeremos que a intención e facer Galicia (e non pasear e agotar todo o alcohol do mundo), óe bloque sobralle xente competente sin ter a necesidade de ter a Losadas, Lois e esta de Comercio.
Outro, non sei se Losada e funcionario, si non o é non pode cobrar ese complemento, eu coido que era unha cuestión de imaxe e de dar a sensación de unidade interna e fortaleza e, seguramente, polo apoio claro de Quintana.
Pois aberta a brecha a ver si non tembla o pulso para limpar a estes gorróns dos que o bloque non pode estar orgulloso e chega xente de verdade.

10 sacho dourado

Disculpas. Na primeira liña quixen dicir LOSADA e non Quintana. Perdón polo lapsus.

9 sacho dourado

A nova de Quintana está sendo toda unha revolución entre os medios de comunicación. Foi moi ben aceptada en pro da liberdade de expresión. Era un auténtico fiscalizador e un censor da información, o máis puro estilo do franquismo. Del son ideas absurdas e del son moitas accións polémicas que xa foron comentadas neste confidencial: lembrade o seu caso ca policía autonómica, o famoso cartel de vicepresidencia, as súas repetidas ocasións de ameazas telefónicas con un sibilino e claro: "usted no sabe con quien está hablando!!!".

Moito se encargaron de propagar e criticar as males artes do PP, que abofé que foron ben malas para a comunicación e a liberdade de expreseión, pero este señor acabou por sobrepasar tódalas barreiras.

Polo que se comenta en círculos do BNG tamén hai moitas felicitacións por este CESAMENTO, que non demisión aínda que lle queiran chamar así. De tódolos xeitos para a xente do BNG que teñan coidado Losada vai seguir sendo o ideólogo de Quintana porque a relación con el é extraordinaria.

Agora digo eu... cando LOSADA volva ou siga en 59 segundos ou nas tertulias da SER con Angels Barceló atreverase a criticar o comportamento dos medios de comunicación e o uso da liberdade de expresión, cuestionará a imparcialidade dos medios, explicará como se intenta manipular e eexercer o control político do goberno sobre os medios de comunicación?

Que non enganen a ninguén a Losada botaronno por MANIPULADOR, por cohartar a liberdade de expresión dun medio público, fiscalizar as informacións dos medios, meter o naris en moitos asuntos internos do BNG nos que non estaba convidado...

Hoxe é un gran día para Galicia. Un sectario menos... menos visible, claro.

8 Ras

Digo eu que tamén terá que cesar alguen do PSOE, no so do BNG e do PP
Por exemplo o alcalde de Punxin
http://www.lavozdegalicia.es/galici...