O servizo contraincendios da Xunta reincorpora case un milleiro de traballadores este mércores

Esta reincorporación atenderá ás necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas, apunta Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2022 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O servizo de prevención e extinción de incendios da Xunta reincorporará a partir deste mércores a case un milleiro de traballadores que ocupan prazas descontinuas de seis meses, ata o próximo 17 de novembro.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, trátase de cumprir coas súas "previsións" para "reforzar eses labores antes da chegada do verán". De feito, esta reincorporación atenderá ás necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas.

En concreto, este case milleiro de empregados agrúpanse en dous colectivos: por unha banda, os vinculados directamente coa prevención e extinción de incendios e, por outro, traballadores con tarefas de apoio e loxística que se distribúen en persoal técnico, emisoristas, vixiantes e operadores codificadores.

Deste xeito, Medio Rural destaca que "se reforzan os medios, tanto humanos como materiais, para o correcto funcionamento" do servizo de loita contra os incendios forestais.

Ademais, a incorporación deste persoal descontinuo suporá un "importante impulso" para a execución, antes do comezo do período de alto risco, dos traballos recolleitos no plan preventivo aprobado pola Xunta, que suporá o investimento de 33,1 millóns de euros para actuar en máis de 58.600 hectáreas de territorio e en 5.780 quilómetros de pistas e vías de comunicación, entre outras accións.

Arquivo - Dous bombeiros nun incendio forestal na parroquia de Cubilledo, no municipio de Baleira, comarca da Fonsagrada, a 18 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España). Segundo a Conselleria de Medio Rural, o incendio calcinou cinco hectár. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Dous bombeiros nun incendio forestal na parroquia de Cubilledo, no municipio de Baleira, comarca da Fonsagrada, a 18 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España). Segundo a Conselleria de Medio Rural, o incendio calcinou cinco hectár. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta