Adiada a Festa do Banquete de Conxo ao 29 de maio por mal tempo

Estaba previsto que tivera lugar este domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago decidiu trasladar os actos programados para este domingo con motivo da Festa do Banquete de Conxo ao próximo domingo, día 29 de maio, debido ás previsións meteorolóxicas adversas. Así o avanzou este venres en rolda de prensa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen sinalou que as actividades previstas para este venres e sábado mantense sen ningún cambio. Ademais, o Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo seguirá co horario e actividades previstas tanto o sábado como o domingo.

O Consistorio compostelán detallou que as condicións meteorolóxicas adversas previstas leváronlle a tomar a decisión de cancelar todos os actos da Festa do Banquete que estaban programados para o domingo, xornada na que o tren turístico que cobre o percorrido entre a Alameda e o barrio de Conxo tampouco prestará o servizo.

Deste xeito, as actividades que quedan aprazadas son as seguintes: as recreacións teatrais "Alá van estudantes e artesáns", "Baixamos ao bosque do Banquete" e o "Banquete de Conxo"; o pregón da festa; o concerto da Banda Municipal de Música de Santiago; a comida e romaría popular; o Serán da Fraternidade; as actuacións musicais e os discursos de despedida.

Deste xeito, mantense a programación dos dous primeiros días, que arrincou este venres coa representación teatral do Pequeno Banquete por parte do alumnado do CEIP Quiroga Palacios, o IES Arcebispo Xelmírez II e o CPR Santa Apolonia, e que contou coa visita do alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Festa do Banquete de Conxo
Festa do Banquete de Conxo | Fonte: Concello de Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta