A Confraría de Ferrol pide medidas para facer compatible a extracción de mexilla e de percebes na zona

O problema radica en que a Consellería do Mar "vedou zonas nas Rías Baixas para a extracción da fazula por parte dos bateeiros e deixa a zona de Ferrol como libre para esta actividade, sen ningún tipo de medida de control".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A patroa maior da Confraría de pescadores e mariscadores de Ferrol, Isabel Maroño, reclamou "que se establezan medidas que permitan compatibilizar as dúas actividades extractivas", e ademais desmarcouse dos actos vandálicos dos que se quixo culpar aos bateeiros.

Nunha rolda de prensa ofrecida este venres no Concello de Ferrol, Maroño, que exerceu como portavoz dos percebeiros, denunciou que a recolección de mexilla por parte do bateeiros nos bancos marisqueiros que utilizan os percebeiros provoca "danos nas rocas" e ademais impide que "os percebes se poidan reproducir e crecer con normalidade".

Para a patroa maior, o problema radica en que a Consellería do Mar "vedou zonas nas Rías Baixas para a extracción da mexilla por parte dos bateeiros e deixa a zona de Ferrol como libre para esta actividade, sen ningún tipo de medida de control".

Neste sentido, destacou que "os percebeiros non queren ser eles os que extraian a mexilla, senón que queren que o sigan facendo os bateeiros" pero, continuou, ao seu xuízo, o que hai que facer é "compatibilizar as actividades e que a recollida da mexilla non dane os bancos de percebes da zona".

COIDADOS

Segundo explicou Maroño, "o que non pode ser é que Ferrol teña vedada unha zona de extracción de percebe por épocas do ano, estar a coidar esa zona para deixar crecer os percebes, que teñan un bo tamaño e que veñan a por a fazula sen facer ningún tipo de distinción, entrando nas pedras e arrasando con todo o que está fixado nelas".

Así mesmo, asegurou que "o percebe ten momentos de reprodución e ao recoller a mexilla deixan as pedras limpas, impedindo que creza". Por iso, a Confraría de Ferrol insistiu en demandar que "se establezan puntos de control para a extracción da mexilla, que na actualidade non existe ningún tipo de control, nin sobre as cantidades nin tamaños nin nada".

Bateas mexillón rías galegas. EUROPA PRESS - Arquivo
Bateas mexillón rías galegas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta