Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2022 | Actualizada ás 11:53
A Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León asinaron un convenio de colaboración para a cesión do sistema de información de centros de política social galego, para aplicalo nos centros residenciais de maiores e persoas con discapacidade e mellorar a súa xestión, tanto operativa como asistencia.
Deste xeito, a Xerencia de Servizos Sociais de Castela e León pode analizar e estudar o sistema Cenpos, así como dispor dun punto de partida para o desenvolvemento dun sistema propio. Cenpos constitúe o programa de xestión que se utiliza en residencias públicas de maiores e tamén de persoas con discapacidade para monitorar e analizar toda a actividade que se produce no centro. A súa finalidade é ter un rexistro de información que permita mellorar a atención e os coidados que se prestan aos usuarios.
Nesta ferramenta, rexístranse a valoración do estado de saúde do usuario de cara a definir o seu programa de atención. Ademais, é compatible coa historia clínica electrónica do Sergas, coa uqe comparte datos de carácter médico. Tamén incorpora un módulo no que se anotan datos operativos que permitan optimizar o funcionamento do centro, como o apartado económico ou o rexistro de lavandaría e cociña, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.