Chegan a coruña case 60.000 toneladas de millo para aliviar a crise do sector alimentario

Un barco brasileiro chegará o domingo e outro ucaríno, o luns.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/06/2022 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O buque 'Alppila', que leva un cargamento con 18.000 toneladas de millo ucraíno, atrasa a súa chega ao porto da Coruña ata o vindeiro luns, 13 de xuño, inicialmente prevista para o pasado venres.

De tal forma, a chegada está prevista ao Peirao do Centenario a partir das 6,00 horas. A descarga do cereal realizarase ao longo da mañá.

Supón o primeiro envío de cereal a través dunha nova ruta marítima aberta polo Báltico para sortear o bloqueo ao que a Armada rusa somete os portos ucraínos do Mar Negro desde que comezou a guerra.

O millo será almacenado e, posteriormente, enviado ás fábricas que elaboran o penso para o gando. Foi transportado primeiro por estrada desde as fronteiras ucraínas con Romanía e Polonia ata o porto polaco de Swinoujscie, onde foi embarcado no cargueiro, que antes de partir cara a augas galegas fixo escala no porto alemán de Brunsbüttel.

"Son pequenos volumes de millo que se van sacando polas fronteiras do oeste de Ucraína en camións cara a Polonia e Romanía", explica Bruno Beade, director da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac), que engade que estas 18.000 toneladas que o buque leva nas súas adegas serán "moi ben recibidas polos fabricantes de pensos" ante as fortes subidas das materias primas.

Outro cargamento de millo, neste caso brasileiro, ten prevista a súa chegada este domingo, 12 de xuño, tamén ao porto da Coruña. Será a bordo do mercante 'Desert Symphony', que transporta 40.000 toneladas deste gran, o primeiro que recibe Galicia dese país este ano.

Espiga de millo
Espiga de millo | Fonte: dreamstime

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta