Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), asegura que as que poden ter máis problema son as árbores froiteiras, aínda que as vides tamén comezaron a ter movemento antes de tempo. Nuria, de Viveiro Corema, pertencente á Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam), tamén fai referencia ás froiteiras e afirma que no caso das plantas ornamentais xa hai algunhas, como o 'lectospermum scoparium', que floreceron antes de tempo.