Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2022 | Actualizada ás 12:01
Unións Agrarias pediu a colaboración dos tecores e das sociedades de caza para realizar as primeiras batidas de xabaril da tempada para desprazar ás mandas das zonas de cultivo de millo.
Nun comunicado, UUAA sinalou que "é fundamental llas primeiras batidas se realicen de inmediato" e lembrou que desde o pasado 20 de agosto poden iniciar a tempada ordinaria de caza. Esta petición débese ás queixas xeneralizadas que recibe a asociación sobre as accións do xabaril.
Do mesmo xeito, remarcou que a Consellería de Medio Ambiente débese " de implicar" na coordinación cos tecores, trasladando as parroquias e lugares nos que se reporte a existencia de danos e autorizando as accións de caza ordinaria ou extraordinaria que sexan precisas.
Así, UUAA apuntou que en Galicia se plantan 71.000 hectáreas de millo forraxeiro que se recolle a partir de setembro ou en outubro, e expuxo que o control do xabaril nestas semanas é "fundamental", xa que a espiga atópase en proceso de madurez e é cando o animal a come.
Desta forma, engadiu que este ano ante o efecto producido pola seca o rendemento do millo descendeu. En moitas zonas, Unións cifra esa caía nun 50%, o que supón perdas na produción superiores aos 100 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.