Continúan ingresados os tres traballadores feridos polo derrube do escenario do Son do Camiño, un deles en UCI

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2022 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Continúan hospitalizados no Clínico de Santiago tres traballadores feridos polo derrube do escenario principal do festival O Son do Camiño, que se produciu este venres sobre as 13,00 horas, durante as tarefas de montaxe no compostelán Monte do Gozo.

Segundo confirmaron fontes autonómicas a Europa Press, non se produciron cambios no prognóstico dos ingresados nas últimas horas. O operario en UCI, con prognóstico grave, mantense estable; mentres os outros dous pacientes están en planta "recuperándose". Os outros tres feridos xa foron dados de alta.

Este sábado o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, sinalaba que o traballador que se atopa en estado grave "aparentemente caeu desde arriba", mentres que os outros tiveron lesións tras caerlles enrriba o escenario.

En canto ás causas do accidente laboral, o director xeral pediu esperar aos informes de Inspección de Traballo e do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), así como do informe da Policía Nacional, que xa foron trasladados ao xuíz.

Accidente laboral no Monte do Gozo na montaxe dun escenario de O Son do Camiño-. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Accidente laboral no Monte do Gozo na montaxe dun escenario de O Son do Camiño-. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta