Xuran o seu cargo os novos deputados do PPdeG, que substitúen a Feijóo e Tellado no Parlamento de Galicia

Trátase de Fernando Pérez e maría Belén Salido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2022 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Os novos deputados do PPdeG, Fernando Pérez e María Belén Salido, xuraron o seu cargo na toma de posesión que tivo lugar este martes ao comezo da sesión plenaria.

Fernando Pérez, portavoz popular en Caldas de Reis (Pontevedra), substitúe o oco vacante que deixou o ex presidente da Xunta e presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, que deixou a súa acta e, a continuación, foi designado senador autonómico.

Pola súa banda, María Belén Salio ocupa o oco que deixa o ex deputado pola Coruña Miguel Tellado, tamén senador por designación autonómico e vicesecretario de Organización Territorial do PP.

Pérez Domínguez (Caldas, 1967) é Economista pola Universidde de Vigo, especializado en asesoramento fiscal. Membro do Registor de expertos contables xudiciais e administrador concursal. Corredor de seguros acreditado pola Universidade San Pablo CEU e o CECAS.

Foi candidato á Alcaldía de Caldas nas pasadas eleccións municipais de 2019, exercendo como concelleira e portavoz do grupo municipal do PP.

María Belén Salido (Monfero, 1977) é técnica de administración e finanzas e traballou como administrativa no sector público e privado. É concelleira e portavoz do PP no Concello de Monfero e presidenta do PP local.

María Belén Salido
María Belén Salido | Fonte: PPdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta