Cancelados voos Madrid-Santiago e Santiago-Palma de Mallorca

Coincide coa folga en Ryanair.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2022 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Un voo con saída de Madrid e chegada ao aeroporto de Santiago de Compostela ás 10,00 horas deste venres e outro que tiña previsto saír ás 10,40 da capital galega rumbo a Palma de Mallorca foron cancelados.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Aena, trátase de viaxes operadas pola compañía Ryanair e que se ían a realizar coa mesma aeronave.

Precisamente este venres está convocada en Ryanair unha folga de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) en España.

Avión de Ryanair. RYANAIR - Arquivo
Avión de Ryanair. RYANAIR - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta