Rueda defende que Galicia ten "o seu propio modelo de residencias" fronte ao proposto polo Goberno central

Afirma que o modelo proposto polo Executivo español supón "un aumento de custos e peor atención".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/06/2022 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o modelo de residencias presentado polo Goberno, "sen ningunha negociación" coas comunidades autónomas, supón un "aumento dos custos" e unha "peor atención".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

O máximo mandatario autonómico dixo que non só Galicia se opuxo a este modelo no Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, senón que tamén o fixeron territorios "gobernados polo PSOE".

Rueda destacou que Galicia ten "o seu propio modelo de residencias", que está "a empezar a implantar". "O que non me parece normal é que se nos queira impor un modelo que é peor e que vai custar máis, que vai supor menos capacidade en moitos centros e o desprazamento de residentes", censurou.

Todo iso, indicou, implicando un "aumento de custos" sen que "haxa beneficios ao mesmo tempo" nin tampouco "unha formulación por parte do Goberno central de como se van financiar eses custos". "É moi doado facer unha lei e impor obrigas económicas e, aínda por riba, sen consensualas", reprochou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta