Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/07/2022 | Actualizada ás 10:29
Os aloxamentos extrahoteleiros galegos -apartamentos, casas rurais, albergues e cámpines-- rexistraron 162.678 viaxeiros durante o mes de maio, o que supón multiplicar por seis os datos do mesmo mes de 2021, cando aínda existían restricións á mobilidade debido á pandemia.
Segundo cifras publicadas este venres polo Instituto Nacional de Estatística, recollidas por Europa Press, en maio contabilizáronse ata 240.354 pernoctacións nos devanditos establecementos, grazas en gran medida ao tirón dos albergues.
En concreto, ata 114.920 persoas hospedáronse en albergues galegos durante o quinto mes do ano, multiplicando por 24 o dato de 2021. Así, realizaron 140.423 pernoctacións, multiplicando case por 25 o dato do ano precedente e situando a Galicia como a zona onde máis pernoctacións en albergues se relizaron.
Pola súa banda, os cámpines galegos hospedaron 9.687 viaxeiros en maio, un 73,5% máis, rexistrando 32.530 pernoctacions, multiplicando por tres as do ano pasado.
Tamén os apartamentos turísticos duplicaron os seus viaxeiros, ata 15.421 persoas, con 36.164 pernoctacións, un 76,4% máis. Ademais, os aloxamentos de turismo rural rexistraron 22.659 viaxeiros (+161%) e 31.237 pernoctacións (+146%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.