Por E.P. | A Coruña | 01/07/2022 | Actualizada ás 12:53
O senador do Partido Popular Miguel Lorenzo manifestou que aspira a ser alcalde da Coruña. "Se o meu partido confía en min, eu vou dar ese paso", sentenciou. "Isto é o cumio a unha carreira política", recoñeceu, e tamén "o paso máis difícil". Unha responsabilidade que asume "con moita ilusión, con moita forza".
Lorenzo fixo estas declaracións durante a presentación da súa candidatura a presidente do PP local da Coruña. "O primeiro que hai que facer é solicitar como mínimo 25 afiliados que me avalen", explicou.
Para converterse en candidato popular á Alcaldía nas eleccións municipais do próximo ano debe saír elixido o congreso convocado para o 15 de xullo. "O importante é que os cidadáns me vexan como futuro alcalde da cidade", apuntou. O senador explicou que ten "unha débeda pendente" coa Coruña desde que chegou "hai 37 anos" e quere pagala "sendo alcalde e solucionando os problemas da xente". O seu obxectivo, segundo afirmou, é conseguir a que cidade volva ser "un referente de Galicia e case de España".
EXPERIENCIA POLÍTICA
Miguel Lorenzo aludiu á súa "experiencia política" como concelleiro popular no Consistorio herculino durante varios anos, responsable de Servizos Sociais entre 2011 e 2015, na etapa de Carlos Negreira como alcalde.
A preguntas dos xornalistas sobre a situación política actual da cidade baixo o mandato de Inés Rey, o senador manifestou que é a portavoz municipal do PP, Rosa Gallego, a que debe dar resposta a esas cuestións. "Cando eu sexa presidente local poderei opinar sobre estes temas", apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.