Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 04/07/2022
FCC e ACS repartíronse a construción do tramo entre Castro Lamas e Noceda da A-6. A construtora de Florentino Pérez, con ACS e as súas filial Dragaxes, e FCC, grupo que agora controla Carlos Slim, son os responsables das obras. Mais atendendo aos medios de comunicación do mundo libre, eco pacifista e solidario, ninguén é responsable. O Ministerio, di, está a facer sesudas investigacións sobre cómo se esborrallaron iso tramos tan custosos.
Carlos Slim é dono do grupo de comunicación “progresista” PRISA. Ante iso xorden varias preguntas: ¿Os cidadáns saben que Slim é dono de PRISA?. ¿Coñecen que Slim é dono de FCC?, Os cidadáns ¿están ao tanto de que FCC e ACS é dicir, Slim e Florentino Perez constrúen maiormente toda a obra pública de todas as administracións existentes locais, provinciais, autonómicas e españolas?. ¿Por qué demasiada obra pública contratada por todas as cores do arco da vella ecolóxico e climático, aos 20 anos xa necesita reparacións estruturais?.
Ao día da data ningún partido das cores do arco da vella plurisexual, solicitou unha comisión de investigación en ningún parlamento, sobre a adxudicación de obras ás empresas dos xerarcas Florentino Pérez, con ACS e as súas filial Dragaxes, nin FCC, Slim. Nin tampouco polos tramos que se están derrubando. Non se investiga, non se esixen responsabilidades. Mentres as obras esborrállanse.
Jose Felix Tezanos, alto xerarca progresista, ecoloxista e con perspectiva de xénero, do PSOE, nunha entrevista publicada o día 26 de xuño de 2022 afirmaba con naturalidade que “mentir forma parte da vida política, tamén da persoal”. Ao ler ao xerarca Tezanos recoñecendo que para él a mentira é o normal, preguntámonos que tarefa cumpren as xerarquías políticas antifascistas, anti cambio climático, e agora antiPutin.
Juan Manuel de Prada publicaba o día 25 de xuño, o día anterior ás declaracións da alto xerarca do PSOE, o artigo “Calumnias”. Ao contrario que o xerarca do PSOE, Prada critica o vicio, a maldade de mentir, considerando que: “Nunca como na nosa época a mentira lograra sementar de modo tan eficaz a confusión babélica no mundo. E alá onde se instaura esta confusión babélica, quen se atreve a denuncialo inevitablemente son vítimas das calumnias máis despepitadas e agresivas”.
É difícil coñecer se nos atopamos nunha confusión babélica, se hai medo en denunciar feitos, ou se dominan os vicios sociais máis plebeyos que Manuel de Prada indica.
Mais o certo é que os viadutos millonarios derrúbanse.