Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 14:20
Un camioneiro sufriu unha saída de vía no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas ao ser picado por unha avespa mentres conducía.
O suceso, do que informou o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ás 10,30 horas deste martes na rúa Joaquín Fernández Sestelo.
A causa do sinistro foi a picadura dunha avespa, que provocou que o condutor perdese o control do camión e que este se saíse da estrada para acabar chocando contra a fachada dun edificio.
A vítima foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.