Unha plataforma pide firmas contra as corridas de touros en Pontevedra e que Rueda non acuda

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/07/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas informou este sábado acerca da superación dunha nova cifra na súa campaña contra as corridas de touros en Pontevedra e de que xa son máis de 140.000 as persoas que subscribiron a petición en 'Change.org'.

A plataforma lembra que Pontevedra é a única localidade galega que albergará corridas de touros como tal e ademais censura a súa denominación como "festa taurina". Con estas firmas como aval, piden ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que non asista a ningunha das convocatorias, lembrándolle que "non só representa polo menos do 1% de galegos que declara participar destas prácticas, senón á inmensa maioría que as rexeita".

E é que a plataforma censura que Rueda foi "un asiduo da feira taurina de Pontevedra" acompañando a outros distinguidos militantes do Partido Popular, e engade que, no seu papel de primeiro responsable político de Galicia, debería realizar "un xesto con todas e todos aqueles que abolirían a tauromaquia"

Imaxe dunha corrida de touros en Palma.. ACTÚA
Imaxe dunha corrida de touros en Palma.. ACTÚA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Borxa Mari

Que lle reclamen tamén ao Lores do Bng, que o goberno municipal do Concello de Pontevedra segue dando diñeiro (antes subvención pública e agora axuda encuberta) aos promotores da barbárie españolista. O do Rueda é natural para quen se declara devoto do moxento nacionalismo español torturador e maltratador, o do Lores é impostura e noxento para quen presume de galego de nación. E os que o tapan, escondendo como o Orgullo Galego, son cómplices.