A información pública un gran parque eólico nos concellos máis afectados polos lumes

Sácao a subdelegación do Goberno de Pontevedra.Trátase do parque de Rebordechao que afectaría a varios concellos do sur de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do parque eólico de Roberdechao, de 154 megawatts, situado nos termos municipios de Laza, Vilar de Barrio e Maceda (Ourense), volve saír a información pública tras incluír modificacións.

Este parque eólico, do que informou negativamente a Xunta no seu día, inclúe 25 aeroxeradores. Agora, haberá un mes para formular alegacións. É a subdelegación do Goberno a que o saca, novamente, a información pública.

Está promovido por Desenvolvementos Renovables Iberia Beta, unha filial da compañía estatal norueguesa Statkfraft. Conta cun orzamento de 120,9 millóns de euros.

A súa infraestrutura de evacuación estaría situada nos termos municipais de Maceda, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín (Ourense), con actuacións para accesos nos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei, Verín, Castrelo do Val e Laza.

Parque eólico. Endesa - Arquivo
Parque eólico. Endesa - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta