Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 18:54
O Concello de Santiago pon a disposición de máis de 3.000 dos 12.000 participantes na Peregrinación Europea de Mozas e Mozos un total de 11 pavillóns municipais entre os días 2 e 7 de agosto. Así o anunciou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen punta que o prezo público polo uso das instalacións ascende a unha cantidade de máis de 40.000 euros.
O goberno local sinala que haberá responsables da organización supervisarán a capacidade e o cumprimento das normas de cada instalación.
Esta peregrinación estaba programada para o ano 2021 e tivo que ser aprazada por motivos derivados da crise da covid-19. Durante os días que os mozos e mozas estean en Santiago, vanse a levar a cabo actividades diversas actividades ao aire libre, concertos e catequeses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.