Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2022 | Actualizada ás 14:07
O delegado do Goberno, José Miñones, fixo un chamamento aos establecementos de lecer nocturno en Galicia a sumarse á campaña do Ministerio de Igualdade de 'puntos violeta' para previr agresións a mulleres. A preguntas da prensa nun acto en Santiago este martes, o delegado do Goberno asegurou que: "Por agora, en Galicia non temos coñecemento de ningún caso" de submisión química.
"É unha preocupación por todo o que estamos a ver nas noticias noutras comunidades. Aquí en Galicia non temos constancia das mesmas", explica. Así, animou ao sector do lecer nocturno a que "se some a estas campañas que están a facer noutras comunidades que sempre dan seguridade ás mulleres". Remarca que hai 'puntos violeta' "a disposición desde o Ministerio de Igualdade, que se utilizan en diferentes eventos, sobre todo masivos". Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, dixo este martes non ter constancia na cidade de ningún caso de submisión química.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.