Batas Blancas carga contra o conselleiro de Sanidade: "Chegou ao seu máximo nivel de incompetencia"

Esta asociación pídelle que "renuncie" ao cargo e "deixe paso a alguén que teña a capacidade e a formación suficiente no ámbito da Xestión Sanitaria.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/08/2022 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A asociación Batas Blancas critica duramente a xestión que está facendo o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, á fronte do Sergas ante a falla de profesionais sanitarios. Nun duro comunicado remitido aos medios di que Comesaña "chegou ao seu máximo nivel de incompetencia e irresponsabilidade" e pide a súa renuncia tras o novo decreto sanitario para os Puntos de Atención Santiaria (PAC) e a situación de caos que se vive na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, visita a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago.. DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, visita a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago.. DAVID CABEZÓN

Esta organización relata o estado desta área sanitaria. Así, critica que no PAC de Vilagarcía, o pasado 28 de xullo non había médicos en quenda de noite. O domingo, 31 de xullo, tres quendas sen médicos. Tamén di que no PAC do Grove o venres 29 de xullo non había médico, e o mesmo no de Sanxenxo o 30 de xullo.  Na Parda, en Pontevedra, só 1 medico por quenda de 3. 

"A isto unímoslle que algún día desta semana a Directora Asistencial da Eoxi de Pontevedra-Sálnes cubriu algunha quenda en lugar de realizar as súas funcións e algún outro que foi cuberto por algún liberado sindical",indica nun comunicado.

MIR

Por outra banda, Batas Blancas critica duramente as palabras de Comesaña nas que suliñaba que era "mellor que os médicos internos residentes de cuarto curso queden sós sen un médico titor nun PAC a que o PAC quede sen médicos". "Non salvagardan os criterios nin as garantías de Saúde e Vida dos nosos pacientes e cidadáns, rompen e vulneran directamente coa linea de garantías dunha Calidade Asistencial Segura, Digna e Necesaria", indica a entidade no comunicado.

"TORMENTA PERFECTA"

"Temos a tormenta perfecta que nos fai pensar que este conselleiro, o sr. García Comesaña chegou ao seu máximo nivel de incompetencia e irresponsabilidade e, non só mentiu e non ten palabra, senón, e é o máis importante, é incapaz de arranxar a situación, facendo desta crise, unha das posiblemente máis graves historicamente da nosa sanidade", indica.

Polo tanto, pídelle que "renuncie" ao cargo e "deixe paso a alguén que teña a capacidade e a formación suficiente no ámbito da Xestión Sanitaria devolvendo así a asistencia sanitaria urxente á provincia de Pontevedra e de toda Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta