O lume de Laza avanza sen control e ameaza o núcleo das Taboazas, en Chandrexa

No municipio de Laza arderon xa unhas 740 hectáreas en poucas horas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/08/2022 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informou de que foi solicitada a declaración de 'situación 2' como medida preventiva a causa do incendio forestal iniciado na parroquia de Camba, en Laza (Ourense).

O motivo é a proximidade das chamas deste lume ás casas do núcleo das Taboazas, no concello limítrofe de Chandrexa de Queixa. Con todo, o alcalde desta localidade, Francisco Rodríguez, sinala que "non hai perigo por agora" para as casas das Taboazas, onde se activou a Situación 2 pola proximidade do lume ao núcleo.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: @BrifLaza en Twitter.

En declaracións a Europa Press, explicou que estivo na zona ao redor das 17,30 horas. Alí, non foi necesario desaloxar a ninguén polo momento, un lugar con cinco casas habitadas e con maior poboación nesta época de vacacións. Apunta que, por agora, hai "tranquilidade" entre os veciños.

Iso si, asegura que o lume que afecta a Chandrexa de Queixa, iniciado na parroquia de Queixa, "non está controlado en absoluto" cun avance debido ao vento que levou o lume ata o limítrofe municipio de Montederramo.

LUMES INTENSOS

Os incendios forestais nos municipios ourensáns de Laza, Chandrexa de Queixa e Carballeda de Valdeorras continúan co seu avance sen control, de forma que case triplicaron a superficie arrasada en tan só unhas horas na mañá deste mércores, polo que xa queiman en conxunto unhas 1.380 hectáreas.

Segundo a última actualización provisional da Consellería de Medio Rural, no municipio de Laza arderon unhas 740 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta