Por Galicia Confidencial | Sobrado | 11/08/2022 | Actualizada ás 21:40
O cura de Xestoso, Luis Rodríguez, oficiou este mércores, 10 de agosto, unha misa en contra da invasión eólica. Foi na Romaría de San Lourenzo que se celebrou no mosteiro de Monfero, organizada pola plataforma "Monfero di non aos eólicos".
Esta xornada reivindicativa comezou cunha misa ás 12.30 e ao longo do día houbo roteiros, música e conferencias.
O cura xestoso dixo que "tocar xa non é un elemento habitual da casa de todos, senón que están a tocar os muros que sosteñen o edificio e maltratando aos seus veciños máis vulnerables... tanto persoas como animais".
Ademais, lembrou que xa o Papa Francisco expresou o seu profundo aprecio polos movementos e iniciativas internacionais e locais que se crearon co obxectivo de concienciar e espertar a conciencia da xente, dicindo que "aínda será necesario que os nosos fillos saian á rúa para ensinarnos o que é obvio, é dicir, que non hai futuro para nós se destruímos o medio que nos sustenta". "Xa non é un pecado ecolóxico, senón algo máis grave, un pecado contra Deus e o seu proxecto", sinalou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.