Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/08/2022 | Actualizada ás 13:34
Transportistas afirman seguir traballando "a perdas" malia a baixada do prezo do combustible, segundo o presidente da asociación lucense AETRAM, Diego Arias, quen manifestou que a redución é "insuficiente", aínda que apostilou que está a dar ao sector "un respiro considerable esa redución de 20 céntimos nas últimas semanas e notámolo no peto".
Ao fío diso, indicou que un camión "en ruta nacional consome unha media de cinco mil litros todos os meses, e cando pasaba o litro dos dous euros a factura do gasoil chegou a pasar dos dez mil euros".
"Con esta situación --de dous euros o litro-- o sector era inviable, e aínda agora, hoxe en Lugo o litro estaba a 1,84 euros". "Para nós o prezo non debería de pasar de 1,40 euros por litro de combustible", advertiu.
Diego Arias insistiu en que seguen traballando "a perdas" e "xa non só polo combustible, senón tamén a luz, en definitiva, que se multiplicaron os nosos gastos por tres".
Mentres, a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, avanzou que "se podería alongar" a bonificación do Goberno de 20 céntimos por litro de carburante máis aló do 31 de decembro, e concretou que cando chegue esa data analizarán como está a funcionar a medida e decidirán se prorrogala ou reconvertela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.