Volven os incendios con tres grandes focos en Moaña, As Neves e Negreira

O de Moaña está preto de vivendas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/08/2022 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

Varios lumes atópanse activos este luns en Galicia, os cales afectan os municipios pontevedreses de Moaña e As Neves, así como ao coruñés de Negreira.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume de Moaña iniciouse ás 15,54 horas na parroquia de Meira. Traballan tres avións, tres motobombas, seis brigadas e dous axentes.

Aínda que en diferentes imaxes de veciños en redes sociais obsérvase que o incendio está próximo a vivendas, sobre as 16,30 horas a Situación 2 non fora decretada.

Por outra banda, está activo un lume nas Neves, parroquia de Batalláns, desde as 15,52 horas deste luns.Traballan un helicóptero, unha motobomba, dúas brigadas e un axente.

Igualmente activo está o de Negreira, parroquia de Aro, desde as 14,25 horas. Ás tarefas de extinción acudiron tres helicópteros, catro motobombas, nove brigadas e un axente.

Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro / César Arxina - Europa Press. / Europa Press
Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta