Extinguido o incendio de Ponteareas, mentres que o de Moaña continúa baixo control

O foco de Moaña obrigou o luns a cortar a autovía do Morrazo durante unhas horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O incendio que afecta o concello de Ponteareas xa foi extinguido, segundo informou a Consellería do Medio Rural a través das súas redes sociais. Finalmente, a superficie afectada foi de 20,96 hectáreas.

Un helicóptero entre o fume, traballa cunha cuba de auga no incendio, a 22 de agosto, na parroquia de Meira, en Moaña, Pontevedra, Galicia (España). O lume declarado nunha zona de eucaliptos, obrigou a cortar a autovía do Morrazo entre l. Javier Vázquez - Europa Press
Un helicóptero entre o fume, traballa cunha cuba de auga no incendio, a 22 de agosto, na parroquia de Meira, en Moaña, Pontevedra, Galicia (España). O lume declarado nunha zona de eucaliptos, obrigou a cortar a autovía do Morrazo entre l. Javier Vázquez - Europa Press

O lume orixinouse na parroquia de Guillade e deuse por controlado pasadas as 21,00 horas do martes, sendo extinguido este mediodía. Traballaron na zona dous técnicos, 16 axentes, 43 brigadas, 29 motobombas, dúas pas, un tractor, seis avións e nove helicópteros.

Pola súa banda, o foco de Moaña, iniciado na parroquia de Meira, deuse por controlado este martes ao redor das 17,30 horas. Cunha afectación aproximada de 20 hectáreas, traballan na zona 14 axentes, 33 brigadas, 30 motobombas, oito avións e cinco helicópteros.

Este lume obrigou o luns a cortar a autovía do Morrazo durante unhas horas. A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, explicaba que, durante a tarde, se viviu unha situación crítica, "cos veciños apagando o lume desde terra", aínda que apuntou que non houbo desaloxos porque os habitantes traballaban na zona con caldeiros e mangueiras.

Nos dous incendios foi necesario activar durante a tarde do luns a coñecida como 'Situación 2', nivel de risco de emerxencia pola proximidade das chamas a núcleos habitados. A rexedora municipal de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, explicaba o luns que "o lume chegou moi preto, ao límite das vivendas". Veciñanza colaborou cos seus medios mollando a contorna das vivendas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta