O festival Revenidas aumenta cartel con novos artistas galegos, de Sés a Grande Amore

Tamén participarán Ortiga, Caamaño & Ameixeiras e máis.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O festival Revenidas, que se celebrará do 7 ao 11 de setembro en Vilaxoán, no municipio de Vilagarcía, pechou o seu cartel coa incorporación de 13 grupos galegos, entre os que se atopan Sés, Grande Amore, Ortiga, Caamaño & Ameixeiras e The Rapants, entre outros.

Nun comunicado, a organización do evento sinalou que os grupos cos que contan "son referentes entre a xente nova galega" con diversos xéneros e estilos musicais. Desta forma, remarcaron que nesta edición tamén participan grupos "consagrados", como Sés e "bandas emerxentes" como The Rapants, Copa Turbo e Doen.

Especial antención merecen por parte da organización os músicos que "están a dar os seus primeiros pasos" pero "que xa chaman a atención" como o caso de Plectro ou de Sinner. Os artistas de Arousa tamén están incorporados no cartel deste ano como Kris K Dj, A Yaya Dj, Vos Terribles de Arousa, Doen e Copa Turbo.

Unha novidade que deron a coñecer durante a mañá deste martes son os artistas que participarán na festa que o grupo musical Boyanka Kostova está a organizar para a primeira noite, a do 7 de setembro. Xunto a Saibran Yiyi e Rizo do Funk (eles) estarán Pili Pampín, Grande Amore, Deus Ke Che Crew e Mundo Prestixio.

Revenidas
Revenidas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta