Morre afogado un home na praia de Area Gorda, en Sanxenxo

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/08/2022 | Actualizada ás 22:09

Comparte esta noticia

Un home morreu afogado na praia de Area Gorda, en Sanxenxo, este martes. O seu corpo foi rescatado polos socorristas do areal que viron o corpo flotando no mar boca abaixo, segundo informou Emerxencias 112 Galicia a Europa Press.

O servizo de emerxencias tivo coñecemento dos feitos a través da chamada dun particular ao redor das 18.30 horas desta tarde na que se indicaba que os socorristas estaban a atender a unha persoa.

Os vixiantes sacaron o corpo do home da auga e iniciaron as manobras de reanimación pero cando chegaron os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

De maneira inmediata, o persoal do Centro Integrado de Atención á Emerxencia 112 Galicia, informou da situación a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, á Garda Civil, á Policía Local, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Socorrista da Cruz Vermella
Socorrista da Cruz Vermella | Fonte: Cruz Vermella.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta