Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 10:15
Un incendio forestal permanece activo desde a noite do venres no municipio de Porto do Son, onde arderon unhas 70 hectáreas.
Diso informou na mañá deste sábado a Consellería do Medio Rural, que mantén como estabilizado o incendio de Lobeira (Ourense) no que as chamas consumiron desde o mércores 560 hectáreas do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume de Porto do Son, declarado ás 22,30 horas do venres, afecta á parroquia de Ribasieira. A primeira estimación da Xunta cifra en 70 as hectáreas afectadas. Ata o momento traballaron na zona un técnico, oito axentes, 13 brigadas, 15 motobombas e catro pas.
Pola súa banda, o incendio da parroquia de San Xes de Vilariño, en Lobeira, permanece estabilizado desde as 17,10 horas do venres. Iniciado na noite do mércores, as chamas arrasaron 560 hectáreas, todas elas dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Nas tarefas de control participaron no últimos tres días 41 axentes, 111 brigadas, 58 motobombas, catro pas, once avións e 13 helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.