Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/01/2025 | Actualizada ás 10:30
Pataformas e colectivos ecoloxistas da provincia de Ourense, no marco das mobilizacións da Coordinadora Eólica Así Non, chaman á resistencia contra a invasión eólica cunha concentración ás 12,30 horas na feira (alameda) de Cartelle para este domingo.
Durante a concentración denunciaranse a ameaza que pende sobre os concellos de Cartelle (comarca da Terra de Celanova) e Castrelo de Miño (comarca do Ribeiro) co proxecto en tramitación dun macropolígono híbrido -eólica máis fotovoltaica- que supera os 50 Mw de potencia a instalar e se presenta ao procedemento fragmentado de maneira fraudulenta para evitar a avaliación por parte do ministerio.
Ademais, porase en valor as loitas fronte outras ameazas eólicas que axudaron a parar o ano pasado varios macropolígonos eólicos no Macizo e infraestruturas de alta tensión con graves impactos para as veciñas na Serra da Martiñá, e insistirase na denuncia doutro macropoxecto en trámite como o denominado Clúster da Limia, que proxecta megaeólicos nas montañas entre Castrelo do Val e Xinzo de Limia e unha LAT que transcorrería por 18 concellos cruzando de este a oeste (de Castrelo do Val a Castrelo do Miño) o sur da provincia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.