Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2022 | Actualizada ás 14:12
O portavoz do PPdeG na Cámara galega, Pedro Puy, cre que "hai, obxectivamente, marxe" para chegar a acordos coa oposición no novo curso parlamentario en materias como os ditames das comisións de financiamento autonómico e de discapacidade, así como no tocante ao plan estratéxico de Galicia a 2030.
Neste sentido, Pedro Puy remarca que diferentes expertos pasaron pola comisión de financiamento autonómico con varios puntos en común sobre os que pode "virar a proposta" de Galicia.
Tamén opina que se pode chegar a acordos coa oposición sobre o plan estratéxico, do mesmo xeito que se incluíron achegas no anterior plan, aínda que lamenta que o resto de grupos "non son capaces de recoñecer" que é "un proxecto de país", xa que conta con achegas de "numerosos expertos sen ter conta a ideoloxía".
Con todo, considera que "non é fácil" que poida haber consensos en relación aos orzamentos de 2023 tras o debate sobre o teito de gasto, que "a algúns lles pareceu escaso". Por todo iso espera que: "O que ás veces se escoita de man tendida non sexa para levarnos a rastro onde eles queren".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.