Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 17:33
Un operario do sector da construción faleceu este luns tras caer dunha escaleira na vía pública, no concello pontevedrés da Cañiza.
Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 15,00 horas. A esa hora, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba á central de emerxencias da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender a un operario que caera dunha escaleira.
Xa no lugar, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do traballador. Ata o punto tamén foron mobilizados axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como membros do GES-SPEIS de Ponteareas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.