Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/09/2022 | Actualizada ás 16:30
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de cinco anos e medio de cárcere imposto pola Audiencia Provincial de Pontevedra a un home por tentar matar o seu veciño en decembro de 2016 en Vilanova de Arousa.
O condenado, segundo a sentenza de primeira instancia, regresaba en coche ao seu domicilio cando se atopou coa vítima, que estaba a limpar o camiño fronte á súa casa, e con quen non mantiña boas relacións. Ao velo, saíu do coche esgrimindo un coitelo de 13 centímetros e dirixiuse cara a el. A continuación, segundo a resolución, orixinouse un forcejeo entre ambos, durante o cal o condenado, "coa intención de acabar coa vida" da vítima, cravoulle o coitelo no brazo esquerdo e no abdome.
A Sala do Civil e Penal do TSXG subliña que o fallo da Audiencia de Pontevedra apóiase "en proba válida" e "perfectamente razoada", por máis que "puidesen existir outras posibilidades amparadas exclusivamente no testemuño do acusado". Ademais, recalca que é "incuestionable que non se vulnerou o principio de presunción de inocencia".
O tribunal de primeira instancia destacou na resolución que non albergaba "ningunha dúbida" de que a causa "principal directa e eficaz" das lesións do prexudicado foi a agresión co coitelo, así como de que as feridas se atopaban "en áreas anatómicas onde se localizan órganos vitais como é o fígado e que, sen o tratamento cirúrxico inmediato aplicado, poderíase producir a morte, conforme ratificaron os médicos forenses e o especialista de cirurxía dixestiva no acto do xuízo oral".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.