Santiago está a piques de ter o seu primeiro vehículo autónomo

A súa presentación sera o 15 de setempro e entre os obxectivos do proxecto atópanse o de mellorar o transporte de mercadorías no centro da cidade e o de reducir as emisións contaminantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O primeiro vehículo autónomo de Santiago de Compostela, desenvolvido no marco do proxecto do Concello de Santiago de Compostela Smartiago, entra na súa fase final. Segundo explican nun comunicado, Vodafone España, a adxudicataria da iniciativa, desenvolve un Living Lab de loxística de última milla, que contará con dous vehículos eléctricos autónomos para o seu desenvolvemento.

A presentación destes vehículos terá lugar o próximo 15 de setembro nun acto que incluirá unha demostración na Praza do Obradoiro. A solución tecnolóxica da operadora, explican, baséase nunha plataforma de xestión global, que inclúe o control de acceso a zonas restrinxidas, a monitorización de persoas e vehículos e a xestión de prazas de parking.

Así mesmo, a iniciativa conta co mencionado Living Lab, "un espazo vivo desenvolvido por Vodafone para asesorar a emprendedores e empresas no uso da plataforma e sobre a súa participación na mesma", detallan. Entre os obxectivos do proxecto, dotado dun investimento de 662.970 euros, atópanse o de mellorar o transporte de mercadorías no centro da cidade e o de reducir as emisións contaminantes.

Así, durante os próximos meses comezará o proceso de cartografiado dixital de distintas zonas do centro histórico de Santiago, o que permitirá non só a condución autónoma do vehículo, senón que tamén facilitará aos participantes do Living Lab eses mapas para o seu uso noutros vehículos autónomos que pretendan circular pola cidade.

Realizaranse tamén diversas probas, como a repartición autónoma de mercadorías no interior do centro histórico ou o cartografiado do subsolo, identificando infraestruturas da cidade co uso dun Georradar.

Dársena de Xoán XXIII en Santiago de Compostela
Dársena de Xoán XXIII en Santiago de Compostela | Fonte: Google Maps.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta